Nacemento:
Morte:
Ferroviario, xornalista e sindicalista, 32 anos. Casado con Carmen Zufia Pérez; tiñan unha filla. Veciños da rúa Fernández Latorre, 45-2º, na Coruña. Daba clases particulares e levaba algunhas representacións de editoriais. Empregado de Tranvías na cidade herculina.
Anarcosindicalista e militante da CNT. Con Francisco Llerena Quesada sería un dos fundadores do Sindicato da Industria Ferroviaria da Coruña, vencellado á CNT. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica (CRG), na que exerceu de secretario en 1934, e da Federación Anarquista Ibérica (FAI), que primeiro dirixía José Villaverde Velo e, ultimamente, José Moreno Torres. Dirixente do Centro de Estudos Sociais Germinal, que presidiu do 13/01/1933 ata mediados de xullo de 1935, sendo vicepresidente Llerena Quesada.
Jacinto era partidario da separación da Igrexa e o Estado, contrario ao orzamento de culto e clero, partidario da disolución das ordes relixiosas e da nacionalización de todos os seus bens.
Colaborou con Solidaridad Obrera e Solidaridad.
Paseado.
Ao producirse o golpe dos sublevados representou á FAI no Comité de Defensa da República na Coruña.
A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as recentes novas da sublevación.
Francisco Pérez Carballo, gobernador, recibía instrucións do Goberno para convocar aos líderes políticos e sindicais coa fin de facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro e organizou o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.
O da Coruña formábao o gobernador, con: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.
Jacinto figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Prendérono nos primeiros días do golpe e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña, da que o sacaron para asasinalo, sen formación de causa. O xuíz, ao non atopar probas contra el, pasouno á disposición do delegado de Orde Pública, Florentino González Vallés, igual que a Alfredo Suárez Ferrín, José Miñones Bernárdez e Eladio Muíños Díaz; todos eles serían asasinados cando estaban nesta situación.
Paseado no concello de Arteixo, sen xuízo.
Consta no Rexistro Civil de Arteixo como morto a causa dunha hemorraxia interna.
O seu cadáver apareceu en Barranqueiras.
Manifestou diante do xuíz que non tivera participación directa nos sucesos do 20 de xullo no Goberno Civil, pois non tiña trato co gobernador e que ao estar pola zona do pazo gobernativo, ao oír os tiros, refuxiouse no dito pazo, onde o detiveron sen armas. O xuíz non atopou motivos para procesalo.
Soterrárono o día 2 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Juan Fraga Bello e Rogelio García Rodríguez. Trasladárono a un nicho en decembro de 1955.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.