Nacemento:
Morte:
Mecánico e político, 43 anos. Casou con Manuela Domínguez Pazos; tiveron 11 fillos. Veciños da Pobra do Caramiñal. Especializado na montaxe de maquinaria para as fábricas de conservas. Tivo taller propio na Pobra do Caramiñal durante 35 anos.
Detido 15 días en Santiago de Compostela (A Coruña) pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) da Pobra do Caramiñal. Concelleiro das corporacións da Pobra do Caramiñal de 1931 e 1932 polo PSOE. Era alcalde da Pobra do Caramiñal en 1936, tamén polo PSOE, cando se produce o golpe dos sublevados.
Tiña como compañeiros na Corporación da Pobra do Caramiñal de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Hermo Vidal, encarcerado; Manuel Ouviña Fernández, encarcerado.
Fuxido. Exiliado.
Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).
Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro e José Viturro Ozores, mariñeiro.
Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal: Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.
De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 508/37.
Neste expediente militar condenaron á pena de morte a: Aurelio Castillo Barreiro e José-María Medín Vidal; penas de cadea perpetua para: Dolores Rey Bermúdez e Gabino Vázquez López. Tamén procesaron a Antonio Pérez Gómez.
Xuízo aberto en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión (polas requisas de material explosivo nas minas de Estañifera de Arosa, S.A.), na causa 1255/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste procedemento ditouse auto de sobresemento para: Antonio Maneiro Vilasó, Manuel Tarela Alcalde e Cipriano Torres Noceda; declararon fuxido e en rebeldía a Antonio Pérez Gómez.
Proceso iniciado en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión, na causa 4267/38 (fuxida do San José nº 2) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Pasou a Burdeos (Francia) e despois estivo na zona republicana no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada Mixta, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, e foi técnico de mecanización de proxectís na Subsecretaría de Armamento en Barcelona.
Ao rematar a guerra civil cruzou a fronteira cara Francia o día 07/02/1939 e ingresárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
O día 12/06/1939 embarcou coa súa dona e fillos no Ipanema e chegaron a Veracruz o día 07/07/1939. Estableceuse en México DF e despois en Veracruz.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.