Nacemento:
Morte:
Mineiro e sindicalista, 23 anos. Veciño de San Cibrao de Vieiro, Viveiro.
Secretario do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro no ano 1934, vencellado á CNT, e dirixente do Sindicato Mineiro das minas de ferro da Silvarosa, en Viveiro.
Fuxido. Morte en combate.
No momento do golpe de Estado dos militares organizou, con Jesús Bellas Cao, a requisa de armas e camións para a defensa da República; houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936.
Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).
Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).
Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns tamén de Cariño José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 903/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ditáronse as sentenzas de pena de morte para: Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 353/37, co resultado tamén de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo acadáronse as sentenzas de 20 anos de prisión para Vicente Sierra Salgueiro; a 15 anos condenaron a Jesús Iglesias Vázquez; condenas de 12 anos para: Luis Albo García, Mariano Pérez Prieto, Pedro Rego Rodríguez, Plácido Rivera Cociña e Daniel Rodríguez Rodríguez; sentenzas de absolución para: Antonio Alfonso González e Francisco-Celestino Parapar Díaz; declararon fuxidos a: Manuel Lamelas Fernández, Claudio Quelle Cociña e Manuel Rodríguez Lago.
Foi miliciano do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias na Fronte Norte; morreu loitando co exército republicano na Batalla do Escamplero.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.