Nacemento:
Morte:
Militar e político, 34 anos. Mariño da Armada, mariñeiro no acoirazado Jaime I.
No ano 1937 afiliouse ao PCE.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Morte en enfrontamento.
A dotación do Jaime I sofre as seguintes represalias dos franquistas:
Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.
Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.
Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.
Penas de seis anos de cárcere: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.
Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, castigárono a un ano.
Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.
Deste acoirazado estiveron tamén na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.
Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e deixáronos en liberdade.
Manuel foi comisario político na Comandancia Marítima de Cartagena (Murcia).
Ao finalizar a guerra civil confinárono no campo de concentración de Bizerta, en Tunes. Marchou a Rusia e desde agosto de 1942 ata novembro de 1944 loitou na II Guerra Mundial nos Cárpatos co exército soviético.
En 1945 trasladouse á República Arxentina.
A finais de 1945 regresou a Galicia para formar parte da dirección da guerrilla do PCE e integrarse na organización que lideraba José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López. Existen dúbidas de se chegou a Galicia no grupo de Gayoso ou algo despois.
Logo da caída da dirección guerrilleira en 1948 asumiu a tarefa da reorganización como secretario xeral e xefe da guerrilla; iniciou un proceso de militarización e imposición do uniforme guerrilleiro, que o enfrontou cos enlaces e coa rede de apoio, mesmo con acusacións de ser un infiltrado. En abril de 1949, sendo secretario do PCE en Galicia, desprazouse ao suroeste de Lugo e Ourense para reorganizar a guerrilla nas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo. Neste grupo acompañouno José Felpeto Gómez e José Vilariño Fernández, Arturo.
Logo das detencións de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez en xullo de 1948, Fernández Soto asumiu o mando do PCE con Francisco Rey Balbís, Moncho, que comezaron un proceso de militarización que fixo máis fráxiles e menos eficaces ás partidas; ademais sufriron o rechazo dos enlaces, que os vían agora como forzas de ocupación máis que coma compañeiros de loita. Fernández Soto e Rey Balbís comezaron a desconfiar de guerrilleiros e enlaces e dos que discutiran as súas premisas; os enlaces temían máis a Moncho que a Garda Civil. Fernández Soto tamén debilitou a III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) en Lugo, co cese como comandante de José-Luis Castro Veiga, o Piloto.
Denunciado por Francisco Cano Román, Comandante Félix, un infiltrado da Garda Civil no seo da guerrilla a través do enlace Senén Garrido, de Santa María de Toiriz, Pantón (Lugo), As forzas represoras matárono o día 22/06/1949 en Penacova, San Xoán de Remesar, igual que executaron a Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta; a un terceiro compoñente do grupo, Elías López Armesto, o Paxariño, malferírono e morreu uns días despois.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa Baia de Teilán, Bóveda.
José-Luis Castro Veiga, o Piloto, puido fuxir do lugar dos feitos, desvinculouse da organización e converteuse nunha especie de "topo"; tiña medo de que os comunistas o acusaran das mortes dos seus compañeiros. Esta acción dos infiltrados desencadeou unha redada masiva no triángulo Bóveda-Pobra do Brollón-Monforte, na provincia e Lugo.
A morte de Fernández Soto, do que moitos sospeitaron que era un infiltrado e que o cadáver aparecido non era o del, representou o remate do soño guerrilleiro en Galicia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.