← Volver atrás

Lago Outeiral, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Lampón, Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e político, 45 anos. Casado. Veciño de Boiro.

Concelleiro en Boiro pola Fronte Popular (FP) despois das eleccións de febreiro de 1936. Nomeado depositario dos fondos municipais; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Boiro de 1936, entre outras persoas, a: José Martínez Virel, procesado; Rodrigo Álvarez Gantes, asasinado; José Caballero Rubio, asasinado; Brígida Muñiz Suárez, encarcerado; Juan-Francisco Outeiral Outeiral, executado; Manuel Brión Suárez, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.

Depurado. Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado de 1936 destituírono como concelleiro o día 21 de agosto e andou fuxido.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro, ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro (A Coruña): Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Declarado fuxido e en rebeldía, capturárono os franquistas no ano 1939.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión, na causa 8/39, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Tamén procesaron a José Viturro Ozores, condenado do mesmo xeito a cadea perpetua.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 24/10/1939.

Trasladado aos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (Madrid) o 14/12/1942.

Procesárono en 1937 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.