Nacemento:
Morte:
Tiña 41 anos. Casado; tiveron tres fillos. Veciños da Ronda dos Caídos, 7, en Lugo. En 1935 fíxose garda de asalto. Propietario do Bar Viveiro na rúa Ronda da Muralla, en Lugo, que era centro de reunión e de encontros de antifranquistas.
Membro do PCE.
Depurado. Executado.
Depurado como cabo da Garda de Seguridade e Asalto no ano 1936.
Militante na clandestinidade do PCE desde 1944 e enlace entre os distintos comités comarcais e provinciais. Militante da UXT. Compañeiro no PCE de José Temblás Paz, Temblás, e de Emilio Golás Rodríguez, o Villa, que era secretario de organización e finanzas do PCE e da guerrilla; tamén compañeiro da mestra Enriqueta Otero Blanco, María das Dores.
Encomendóuselle a provisión de armas e propaganda para os grupos guerrilleiros antifranquistas. Colaborou con Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, a comezos de 1945, na posta en marcha da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); xa coincidiran en 1944. Proporcionaba armas á guerrilla.
Detivérono en febreiro de 1946 con outros compañeiros de Lugo por actividades extremistas; o seguinte día 3 ingresárono na Prisión Provincial de Lugo. Trasladárono o 22/02/1946 á Prisión Provincial da Coruña; o 8 de marzo conducírono a Lugo con Julio Nieto López e a Brigada de Invesigación Político-Social someteunos a interrogatorio e torturas. O 26 de marzo seguinte reingresárono na cadea da Coruña.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 10/08/1946. Nesta causa procesaron a 64 persoas. No seu caso acumuláronlle a causa 88/46.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.
Executárono os franquistas na Prisión Provincial da Coruña, no garrote vil, o día 21 de setembro na compañía do tamén militante do PCE Julio Nieto López, Chevol, Nardo.
Soterrárono o día 21 de setembro na sepultura anónima número 73 da parte civil do cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.