← Volver atrás

Castelo Mosquera, José-María

Alcume: Doctor, Casteliño
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Xorxe de Iñás
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Paramos, Val do Dubra
(A Coruña)
- 05/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 16 anos. Mozo de Carmen Temprano Salorio, de Oleiros (A Coruña). Veciño de Oleiros.

Militante do PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Incorporouse á guerrilla antifranquista no ano 1943 xunto ao grupo de Francisco Rey Balbís, Moncho, que se movía polas Mariñas.

Dende 1945 formou parte do Grupo Volante A Mariña, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Moncho.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Xefe do Destacamento Manolito Bello.

No Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de actuación desenvolvíase en Ordes e A Coruña.

Reclamouno o xuíz militar de Santiago de Compostela (A Coruña) na causa 546/48.

Abatido pola Garda Civil nunha confrontación armada na parroquia de Paramos, ao tentar fuxir do seu agocho nunha casa da familia Teiga, de San Mamede de Zas, Negreira (A Coruña), onde morreu Carmen Temprano Salorio. El finou con Vicente Peña Terrassa, Manuel Pena Camino e Manuela Teiga N..

Soterrárono nunha fosa común en Paramos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha