Nacemento:
Morte:
Tiña 18 anos. Casado dúas veces; tivo dous fillos: Delfín, do que a súa dona Leonor (+1944) morre no parto e Juan, fillo da súa segunda muller, Ángela Sampedro Piñeiro, encarcerada. Curmán de Ismael Sorga Losada, executado, e de Antonio Sorga Losada e Francisco Sorga Losada, encarcerados.
Exiliado. Encarcerado.
Traballaba na sega nas proximidades de Madrid cando aconteceu o golpe de 1936. Recrutado polo exército republicano formou parte das Milicias Galegas como tantos desprazados galegos; traballou no servizo de información e rematou a guerra civil co grao de tenente por méritos na batalla de Madrid.
Rematada a contenda pasou a Francia e confinárono no campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia) e, máis tarde, en Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Deportado a España polas autoridades francesas o día 05/08/1940.
No ano 1940 volveu a Galicia e casou en Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus (Ourense).
Incorporouse á guerrilla en 1947 e o día 13/07/1948 detéñeno en Ourense cunha misiva da guerrilla e os represores lévano o día 14 a Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus; prodúcese un tiroteo entre os guerrilleiros, que estaban na taberna do seu sogro, e a Garda Civil; todos os guerrilleiros, incluído Juan, conseguen escapar do cerco; prenderon á súa nai e ao seu sogro.
A partires destes feitos a familia sofre continuas represalias, queimáronlles a casa co gando dentro, cadea, multas, extorsión tortura e morte. Juan chegou a Cortegada, onde se recuperou durante dous meses na casa dun tío, antes de volver ao monte. Por mor desta represión prenderon a Ismael Sorga Losada e aos seus irmáns Antonio e Francisco, entre outros familiares.
Incorporouse á guerrilla no ano 1948, despois dos feitos de Pazos, e responsabilizouse dun destacamento voante da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), co que pasou a Ourense en marzo do ano 1949.
Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.
Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.
Tamén sería responsable dun grupo volante no que estaban: Camilo de Dios Fernández, Manuel Nóvoa Barreiros, Antón López, Antonio Pérez Barreiros, Cabila, e José-María Saavedra Díaz, Pepe. Gravemente enfermo dos ollos, curouno nesta época o doutor Luis Conde.
Desde outubro de 1948 tentou chegar a Francia co que quedaba do seu grupo. Primeiro estiveron en Portugal, pero tiveron que regresar. Na viaxe sorprendeunos a Garda Civil, o día 16/05/1950, en Chaherrero, Crespos (Ávila), onde morreu Perfecto de Dios Fernández e detiveron á súa nai, Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e o seu compañeiro Manuel Rodríguez González puideron fuxir e chegaron a Madrid.
O día 26/05/1950 logrou saltar en marcha do tren correo Madrid-Zaragoza para fuxir do acoso da Garda Civil, despois de seren identificados no tren por policías de paisano, mentres o seu compañeiro Manuel Rodríguez González resultaba detido e fusilado o día 03/09/1951. Sorga puido camuflarse debaixo dun vagón e chegou a Zaragoza, onde traballou nun laboratorio.
Semella que logrou chegar a Francia coa súa nova parella Francisca Muñoz Muñiz, a finais dos anos cincuenta, e instaláronse preto de Paris, onde traballou de fontaneiro na construción.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.