Nacemento:
Morte:
Industrial metalúrxico e da hostalería, político, 54 anos. No ano 1926 casou con Amparo Planells Rubio e tiveron unha filla: María. Veciños da rúa Emilia Pardo Bazán, 8-3º esquerda, na Coruña. Irmán por parte de pai de Juan Wonenburger Varela.
A súa familia tiña unha empresa que fabricaba instrumentos de ferro, reparaba máquinas de vapor, bombas e todo o relacionado coa mecánica. Quedou orfo aos 16 anos e fíxose cargo dos seus sete irmáns, continuando coa fundición do seu pai. A fundición creada recibiu o nome de La Parisina, S.A. en 1920 e en 1942 pasou a ser Wonenburger, S.L..
En 1928 era presidente da Patronal de Metalúrxicos da Coruña. Republicano, elixírono concelleiro da Coruña en 1931. Afiliado da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA).
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Coa chegada da II República, obtivo acta de deputado provincial en maio de 1931. Despois pasouse a Esquerda Republicana (ER). Ao final da República retirouse de toda actividade política por diferenzas coa política de Casares á fronte do Goberno.
No ano 1933 dirixía o xornal Tierra Gallega.
Masón da loxa Suevia nº 4 da que se deu de baixa en 1933.
Colaboracionista.
Julio figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos afectos al Frente Popular que no han sido detenidos por considerárseles personas de orden dentro de su ideología, pero que pudieran tal vez cooperar a la alteración del orden público, figuran los siguientes”.
A fundición da súa propiedade militarizárona os golpistas para producir obuses e pezas para a aviación e maquinaria pesada. Julio e o seu irmán Juan conseguiron esquivar a expropiación e as sancións a base de contactos, satisfaccións onerosas e colaboracións co Réxime. Instalou unha fábrica de calzado que traballou para o exército sublevado como provedor de calzado e correaxes, tamén de alimentos e uniformes.
Durante a guerra colaborou de xeito habitual do Réxime e, a pesares de ter cargos por masón, nunca o procesaron.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.