← Volver atrás

Rodríguez López, Alfonso

Alcume: o Galego
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Soulecín, San Miguel de Santigoso, O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ocero, Vega de Espinareda
(León)
- 24/02/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 16 anos. Fillo de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea; o seu irmán Rogelio, pasouse ao exército republicano polo que detiveron ao seu pai e a un irmán, que pasaron seis meses na prisión do Barco de Valdeorras. O día 18/10/1939, aos seus pais asasinounos un pelotón de lexionarios en Soulecín, que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Os catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxiron ao monte en outubro de 1939 e formaron parte do grupo que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín. Caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.

As súas irmáns Consuelo Rodríguez López, Chelo (da que era xemelgo), e Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres. Cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.

Mantivo relacións con Clarisa Rodríguez Pérez, enlace da guerrilla e encarcerada.

Activista das Xuventudes Libertarias (XXLL), escapou das minas de Casaio e incorporouse ao grupo de fuxidos de Manuel Girón Bazán, Girón.

Foi membro do Destacamento Santiago Carrillo, que comandaba Evaristo González Pérez, Rocesvinto.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 652/47 e na causa 112/48.

Polo día 24/02/1949 forman grupo Enrique Oviedo Blanco, Chapa, a compañeira de Enrique; Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz. Traizoados pola enlace de Cabañas Raras, Berlanga del Bierzo (León), Liles García Mallo, Pedro, quen lles solicitara un contacto urxente co grupo; caeron nunha redada da Garda Civil na serra de Ocero, ao mando do tenente Gregorio González Villalaín, na noite do 24 ao 25, e na que os represores abateron a Alfonso Rodríguez López e a Eduviges Orozco Palacín.

A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón, despois de que así o confirmaba, outra vez, a súa irmá Emilia e un veciño. Alfonso, gravemente ferido, decidiu suicidarse. O resto da partida, algúns deles feridos, puideron escapar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.