Nacemento:
Morte:
Militar, 24 anos. Veciño de Mugardos. Mariño da Armada, en 1936 era cabo de mariñeiría no acoirazado Jaime I.
Procesado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Detido, inculpado e xulgado en causa militar en Ferrol (A Coruña) co resultado de sentenza de sobresemento.
A dotación do acoirazado Jaime I sofre as seguintes represalias dos sublevados:
Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.
Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e para o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.
Pena de dez anos de cadea para o mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.
Condenas de seis anos de cárcere: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; aos cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; ao fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; ao auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e ao mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.
Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, condenárono a un ano.
Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.
Estiveron presos: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.
Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.
Cando Manuel Bastida saíu da prisión afiliouse ao PCE e foi enlace da guerrilla.
O 23/01/1948 pasa á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), despois da caída do partido na bisbarra de Ferrol. A varios membros da súa familia arrestáronos e torturáronos.
Xulgado en consello de guerra polo Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de auxilio a compoñentes de partidas armadas, na causa 40/48.
Neste xuízo procesaron a varias persoas por auxilio á guerrilla antifranquista. Condenaron á pena de catro anos de cadea a: José Beceiro Fernández e Vicente Díaz Veiga; procesaron tamén a: Manuel Bastida Franco, Rosa Caridad Paz, Francisco Castro Roibal, José-María Díaz Díaz, José Dopico García, Juan Gallego Abeledo e Manuel Vázquez Rodríguez.
Ao desagregarse a IV Agrupación pasou á V Agrupación o día 08/01/1949, que comandaba Benigno Andrade García, Foucellas.
Participa, o día 08/01/1949, nas mortes de José Couceiro Taboada, sub-cabo do Somatén (corpo para-policial), xefe da Falanxe e mestre, e da súa dona, María Constenla Fariña, en Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra).
Morreu xunto con Juan Gabeiras Barro, Pico Vello, cando a Garda Civil prendeu lume á casa de Mercedes Balado Freire, no Tellado, na que se atopaban agochados e na que finaron abrasados.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.