← Volver atrás

García Lago, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 20/09/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 08/04/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Practicante, sindicalista e político, 39 anos. Casou en 1918 con Palmira Muñiz Pérez; tiveron un fillo e unha filla: Ricardo e María. Veciños de Cidade Xardín, na Coruña. Camareiro ata 1929, cando aproba as oposicións de practicante.

Afiliado ao Sindicato de Enfermeiros, Camareiros e Cociñeiros Marítimos La Cosmopolita nos anos vinte. Secretario da Confederación Rexional Galaica (CRG) desde finais de 1923. Director de Solidaridad Obrera de 1923 a xaneiro de 1925. Membro do grupo anarquista Tierra. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Encarcerado en 1924 ao ser acusado do asasinato do presidente da patronal ferrolá. Presidente do Colexio Oficial de Practicantes da Coruña en xullo de 1930. Logo moderouse e achegouse a Santiago Casares Quiroga, sen deixar a CNT, que compaxinou coa Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA).

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Participou como delegado de Vangarda de Esquerda Republicana (VER), con Manuel Fernández Fernández e César Guillán Bozo. Ao crearse a Fronte Popular (FP) mostrouse afín a Esquerda Republicana (ER).

Depurado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos sublevados despedírono do seu traballo en 1937 e pasou varios anos no cárcere.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.