← Volver atrás

González Pérez, Evaristo

Alcume: Rocesvinto, Rocamora
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Dragonte, Corullón
(León)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Piricallo, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos
(Lugo)
- 20/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 20 anos.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ao comezar a guerra foxe ao monte pero chegou a un pacto para volver, co que se afilia a Falanxe e incorpórase ao exército rebelde. Despois desertou para unirse aos republicanos.

Cando rematou a guerra civil detivérono os fascistas, sometérono a un consello de guerra en León, causa 2053/39, e condenárono á pena de morte, pena que se lle conmutou pola de cadea perpetua.

Foxe da cadea o día 30/09/1942 con outros tres reclusos e intégrase na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), na que chegou a ser dirixente da tendencia comunista.

Foi un dos sete guerrilleiros aos que rodearon as forzas represivas en Sobrado en 1943.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 178/43.

O día 21/10/1945 presentouse en Dragonte, con outros catro guerrilleiros, e mataron ao párroco de Dragonte, Recesvinto Ruiz Sánchez (do que tomaría o seu alcume) e a catro veciños desa localidade. O cura denunciarao varias veces cando Evaristo andaba ao volframio. Os executores eran Evaristo González; Abelardo Macías Fernández, Liebre; Silverio Yebra Granja, Atravesado, Guillermo Morán García e Odilo Fernández Rodríguez, Blas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 471/45.

En 1946, seguindo as tácticas dos comunistas, encabezou a liña secesionista, con Guillermo Morán García, que rachou coa FG o día 18 dese mes; a maior parte dos militantes e simpatizantes do PCE abandonaron a zona de León para concentrarse en Ourense.

A finais 1947 incorporouse á II Agrupación da FG, que dirixía Mario Morán García, con Guillermo Morán García, Asturiano, e Julián Acebo Alberca, Guardiña.

En 1949 nomeárono xefe do sector lucense da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), co nome de Destacamento Santiago Carrillo.

Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

Morreu na batalla de Repil, enfrontamento en Repil e O Piricallo, en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) o día 20/04/1949, no que interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e Monforte de Lemos (Lugo) contra guerrilleiros do Destacamento Santiago Carrillo. Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova, dous irmáns que facían de enlaces e eran os donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, e Samuel Mayo Méndez foron quen de fuxir e a María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que foi quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Procesárono tamén por responsabilidades políticas en Valladolid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.