Nacemento:
Morte:
Panadeiro, 33 anos. Veciño do barrio de Vioño, na Coruña.
Anarcosindicalista, militante da CNT e membro do Sindicato de Panadeiros La Nueva Unión na capital coruñesa. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Fuxido. Exiliado.
José figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
O día 05/01/19837 fuxiu desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa, con dous pesqueiros.
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón (achado de explosivos), na causa 425/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado o día 13/11/1936 en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha, na Coruña, polo delito de rebelión militar, na causa 721/36.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936), e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.
Pasou a Barcelona, máis tarde a Francia e exiliaríase en Veracruz (México) despois de rematada a Guerra Civil Española; ao país centroamericano chegou o día 07/07/1939 no vapor Ipanema.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.