← Volver atrás

Castro López, Gaspar-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado. Encarcerado.

Nacemento:

San Xoán de Silvarrei, Outeiro de Rei
(Lugo)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Panadeiro, 30 anos. Veciño do barrio de Paradai de Abaixo, en Lugo. Outras fontes manifestan que era fotógrafo ou dependente de comercio.

Militante do PCE.

Sancionado. Encarcerado.

Loitou como miliciano republicano no 273º Batallón de Infantería; ingresara nas milicias o día 28/10/1936. Acadou o grao de tenente.

Xulgado en consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión e condenado a 15 anos.

A finais de 1944 destacárono como secretario xeral do Comité Provincial do PCE en Lugo, do que tamén formaban parte Emilio Golás Rodríguez, o Villa, e a mestra Enriqueta Otero Blanco, María dos Dores; tamén estaban Gaspar-Antonio Castro López, como secretario de axitación e propaganda e Pepe Pin como secretario de organización e finanzas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 94/45.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a 25 anos de prisión.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.