← Volver atrás

López Arias, Antonio

Alcume: Canín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero
(A Coruña)
- 31/10/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Membro do Destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Cipriano-Adolfo Allegue Allegue, Riqueche.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.

O día 08/01/1949 participou con Foucellas e outros compañeiros no axustizamento do sub-cabo do Somatén e xefe de Falanxe, José Couceiro Taboada, e da súa dona María Constela en Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra).

O día 31/10/1949 formaba parte do grupo de sete guerrilleiros do Destacamento Arturo Cortizas aos que cercou a Garda Civil preto de Pazos, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela. Riqueche morreu nos primeiros momentos. A Garda Civil tiña reforzos de Irixoa, Fragachá (As Pontes de García Rodríguez), Ponte da Pedra (Monfero) e da Coruña; invitaron aos guerrilleiros a renderse. Os guerrilleiros deixaron saír unha ducia de habitantes da casa. O combate durou bastantes horas.

Atopáronse, despois, en distintas dependencias da casa os corpos de sete guerrilleiros: José Temblás Paz, Temblás; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; Rogelio Alonso Corral, Juan Freire Barcia e José Remuiñán Barreiro, Ricardito (primeiro identificado como Juan Gabeiras Barro). Tres deles teríanse suicidado.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio do mosteiro de Santa María de Monfero.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha