← Volver atrás

Abad Conde, Gerardo

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Situación: Axustizado

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 08/08/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 10/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, catedrático e político, 54 anos. Veciño da rúa Real, 26, na Coruña. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), exerceu a avogacía na Coruña. Profesor de Lexislación Mercantil na Escola de Comercio da Coruña e director da Escola de Náutica nesta mesma cidade.

No ano 1908 era secretario do Partido Republicano Autónomo (PRA) na Coruña. Nos anos vinte integrouse no Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García. Concelleiro na Coruña e alcalde en 1918/1919. Socio do Casino Republicano coruñés.

Masón das loxas Curros Enríquez e Suevia.

O día 26/03/1930, no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG). Abad Conde asistía en representación da Coruña.

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo acudiron dous: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra oito: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense catro: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo un: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa dous: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Nas eleccións as Cortes Constituíntes de 1931 presentouse pola Coruña e non o elixírono, pero na repetición das eleccións en Lugo, si o elixiron. Dentro do PRR mantivo unha grande amizade con Germán Vidal Barreiro, alcalde de Noia e gobernador civil de Ciudad Real en 1936.

Tamén elixido nas xerais do día 19/11/1933 e nomeado presidente do Consello de Estado. Entre xaneiro e abril de 1935 nomeárono ministro da Mariña, nun gabinete que presidía Alejandro Lerroux García con ministros radicais, liberal demócratas e da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). Nas eleccións do día 16/02/1936 non obtivo acta de deputado.

Axustizado.

Cando se deu o golpe militar detivérono en Madrid as milicias populares e ingresárono na Prisión Provincial de Porlier (Madrid), onde finou axustizado pouco despois e sen apertura de causa.

Morreu co tamén radical Fernando Rey Mora, deputado polo PRR da provincia de Huelva, e co dominico Leoncio Arce Urrutia; executados na sobreira dos sotos desta prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.