← Volver atrás

Calviño Domínguez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Miguel de Lores, Meaño
(Pontevedra)

Morte:

Madrid
- 23/01/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista e político. En 1923 casou con Dolores Iglesias Babé; tiveron dúas fillas: María del Carmen e Dolores. Veciños da rúa San Blas, 1-2º, na Coruña. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), licenciándose en 1913. Nomeárono xuíz municipal de Meaño de 1918 a 1922, pero renunciou a carpo e estableceuse como procurador na Coruña en 1918.

Colaborou nos xornais Vida Gallega, El Ideal Gallego e El Pueblo Gallego.

Membro das Irmandades da Fala. Socio do Casino Republicano coruñés.

No ano 1929 participou con Santiago Casares Quiroga na creación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA).

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG) da que formou parte do seu Comité Executivo.

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Na II República e da man de Casares Quiroga, ocupou varios cargos importantes da Administración: gobernador civil de Lugo (1931), de Pontevedra (1931), de Biscaia (1931-1932), director xeral de Administración Local (1932-1933) e director xeral de Beneficencia (1933), entre outros.

Integrouse en Esquerda Republicana (ER) da Coruña e elixírono deputado pola Fronte Popular (FP) coruñesa nas eleccións de febreiro de 1936.

Exiliado. Encarcerado.

Ao comezo da guerra civil viuse obrigado a escapar de Galicia cara Madrid co seu irmán e participou na creación do 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro.

Pasou a Burdeos (Nova Aquitania, Francia), onde se mantivo como exiliado. Para entón xa estaba moi enfrontado con Casares Quiroga pero seguía a ser un republicano convencido.

Indalecio Prieto Tuero acusouno de delatar a Julián Zugazagoitia Mendieta (Bilbao, Biscaia), ex-ministro da Guerra, diante da Gestapo (policía secreta nazi), que o detivo o día 27/07/1940, entregárono a Franco e fusilárono o 09/11/1940.

Despois da ocupación alemá de Francia, en 1940, arrestouno a Gestapo nazi en Biarritz (Nova Aquitania, Francia), ao confundilo co socialista José Calviño Ozores.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.