← Volver atrás

López Ardao, Jesús

Alcume: Someiro
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Lousada, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

República Dominicana
- 01/01/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 28 anos. Veciño de Regoela. Mariño da Armada. Irmán de Baltasar López Ardao, Baltasar dos Zacotos, paseado; José López Ardao, José de Zacotos, encarcerado e de Manuel López Ardao, Manuel de Zacotos, tamén encarcerado. A súa irmá, María López Ardao, casara con Evaristo Eive Vilar.

Co seu pai, Constantino López, e con outros veciños enfrontouse ao cura de Santa Olaia de Soaserra, Cabanas, polo pago da oblata e acabaron por facerse protestantes, facía uns dez anos, en 1926.

Militante da CNT.

Fuxido. Exiliado.

Despois do triunfo da sublevación militar escapou ao monte.

Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.

Liscouse ata tres veces da Garda Civil; nunha ocasión, prendido na romaría das Neves e cando pararon a beber no alta da Senra, aproveitou para liberarse cando o tiñan atado ás costas e fuxiu.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Loitou co exército republicano na fronte do Principado de Asturias durante a guerra civil.

A Garda Civil coaccionou á súa familia para que o delatase facéndolles visitas inopinadas a calquera hora do día ou da noite, malleiras e visitas ao cuartel.

Na compañía de Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, mataron a tiros, en Campolongo en novembro de 1944, ao xefe de Falanxe en Santa María de Ombre, Pontedeume (A Coruña), José Rivera Rodríguez, o Lugués, quen fora un dos que interviñeran na detención de Luis Nodar Castro, concelleiro do PSOE en Pontedeume, ao que executaran en xullo de 1937 no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

Estivo no grupo de José Vázquez Mauriz, Patitas. Acusado do atentado que lle custou a vida ao falanxista Esteban Cortizas Vilar, Bailarín, o día 22/01/1946 no que tamén participaron José Vázquez Mauriz e Manuel Rodríguez Pérez, Galán.

En 1946 desertou da guerrilla para renderse e entregouse ao cura da Capela (A Coruña), don Baldomero, para presentarse ás autoridades.

Libre de sospeitas e sen ter denunciado a ninguén, retornou á vida normal.

Cando quedou libre e temendo pola súa vida, no ano 1947 pasou a Francia.

No ano 1980 vivía en Santo Domingo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.