← Volver atrás

Fernández Formoso, José

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

O Couce Mosquento, San Sebastián de Devesos, Ortigueira
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Chavín, Viveiro
(Lugo)
- 08/02/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 28 anos. Veciño do Couce Mosquento. Irmán de Ceferino Fernández Formoso, fuxido e tamén guerrilleiro.

Militante da CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do movemento sedicioso escapou ao monte.

Co seu irmán Ceferino Fernández Formoso uniuse ao Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 659/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 15/09/1942.

Neste xuízo condenaron a prisión temporal a Demetrio Alonso González; declararon fuxidos a: Evaristo Candelas Pérez, José Castro Soto, Ramón Domínguez Gándara, José Fernández Formoso, Antonio Molins Valls, José Neira Fernández, Antonio Otero Rodríguez e Luis-María Trigo Chao. Tamén procesaron a: Ceferino Fernández Formoso, Enrique Fernández González, Amandino Neira Fernández e Leandro Sánchez Iglesias.

Acusado de cometer moitas accións entre 1939 e 1940, xulgárono en varias causas.

O día 8 de febreiro de 1943 cando participaba nunha acción económica contra Manuel Otero Mon, en Santa María da Rúa, Cervo (Lugo), con outros tres guerrilleiros, denunciounos un veciño á Garda Civil. Perseguidos polos represores, refuxiáronse nunha casa de Castro, en Chavín.

Neste enfrontamento abateron a José e os seus tres compañeiros conseguiron escapar. Na acción tamén morreu o garda civil Amando Díaz Montero.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.