Nacemento:
Morte:
Tiña 14 anos.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Actuou de axente de enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) desde 1946 e entrou na guerrilla no ano 1948 para fuxir da súa detención.
Comisario político do Destacamento Santiago Álvarez, cando o comandaba Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias. Os dous eran de Bergondo e movíanse polas zonas de Betanzos, Miño, Abegondo, Curtis e Sobrado dos Monxes.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Segundo algunhas fontes puido fuxir da redada de Paramos, onde morreron catro compañeiros en 1949.
As consignas de José-Ricardo Sevil Sevil, chegado de Francia a finais de 1949, eran as de aplicar os acordos do Buró Político do PCE. Para reorganizar o Comité Rexional do PCE en Galicia, nomeou a Melchor Díaz, Pepito, secretario de organización; a Francisco Rey Balbís, Moncho, secretario de axitación e propaganda e a José Blanco Núñez, Ferreirín, encargado de prensa; delegado do sector de Ferrol foi Francisco Martínez Leira; delegado da Coruña José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista; de Vigo (Pontevedra) e Pontevedra o Madrileño e de Lugo e Ourense Valentín Fernández González, Víctor, enviado desde Francia.
Xulgado en consello de guerra na Coruña por roubo na causa 589/47 con Jesús Valeiro Gómez.
As construcións teóricas elaboradas en Francia non tiñan nada que ver coa realidade galega. As consignas eran reducir ao mínimo o número de guerrilleiros, traía cartos para acabar cos golpes económicos, suspender os axustizamentos e adicarse só á autodefensa. Como delegado para A Coruña capital no Comité Rexional do PCE, que dirixía José-Ricardo Sevil Sevil en xaneiro de 1950, adicouse ás labores de captación.
Morreu ao estouparlle unha granada en 1951 cando fuxían polas leiras do trigo, preto do Bar A Cuba Grande, en San Pedro de Nós, onde tiñan un zulo nunha cova debaixo da lareira deste establecemento, que descubrira a Garda Civil. Os gardas tíñanos cercados e eles tentaban escapar; só el quedou no camiño cando caeu e lle estoupou unha granada. Con el estaban dous compañeiros máis, que foron quen de fuxir.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.