← Volver atrás

Cotarelo Valledor, Armando

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

Vegadeo
(Principado de Asturias)
- 28/12/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 08/12/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, escritor e historiador, 56 anos. Casado coa santiaguesa María Botana Sieiro. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Aínda que nado no Principado de Asturias sempre se considerou galego. Estudou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid e en 1904 gañou a cátedra de Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Membro das Irmandades da Fala en 1916.

Pertenceu ao grupo que fundou o Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Fundou a revista Romanadas en 1919.

Membro da Real Academia Galega (RAG) desde 1920, da Real Academia Española (RAE) desde 1929 e da Real Academia de Historia (RAH) en 1942.

Militante liberal. Deputado nas Cortes españolas por Santiago de Compostela en 1919/1920.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Colaboracionista.

Durante a guerra civil este autor apoiou á dereita sublevada.

No ano 1939 marchou a Madrid como catedrático da Universidade Central.

Procurador nas Cortes en 1949/1950 pola sección de Reales Academias.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1984.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.