← Volver atrás

Neira Fernández, Amandino

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santiago de Cuíña, Ortigueira
(A Coruña)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Meán, Santiago de Cuíña
- 01/06/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Músico e ferreiro, 23 anos. Mozo de Gloria Giz Castro, detida, maltratada e encarcerada en Ferrol (A Coruña). Veciño de Santiago de Cuíña. Irmán de José Neira Fernández, o Neira, desaparecido. Aos seus pais e a dúas irmás deportáranos a Herrera de Pisuerga (Palencia).

Militante da UXT e foi membro da Agrupación Socialista (AS) de Ortigueira.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando se produce o alzamento golpista foxe ao monte.

Inculpado en causa militar en Ferrol (A Coruña) por integrarse nunha partida de fuxidos.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía o seu irmán José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Morte rexistrada por mor dunha fractura de cranio por disparos de arma de fogo nun monte do lugar de Monte Meán, onde os tiña cercado a Garda Civil. Tiña 26 anos. Morreu xunto con Modesto Vilar Insua, tamén de 26 anos.

Segundo a versión oficial teríanse suicidado antes de ser detidos. Semella que o seu irmán José puido escapar da redada cunha ferida nunha man.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 659/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 15/09/1942.

Neste xuízo condenaron a prisión temporal a Demetrio Alonso González; declararon fuxidos a: Evaristo Candelas Pérez, José Castro Soto, Ramón Domínguez Gándara, José Fernández Formoso, Antonio Molins Valls, José Neira Fernández, Antonio Otero Rodríguez e Luis-María Trigo Chao. Tamén procesaron a: Ceferino Fernández Formoso, Enrique Fernández González, Amandino Neira Fernández e Leandro Sánchez Iglesias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.