Nacemento:
Morte:
Industrial e chofer, 24 anos. Casado; tiñan dúas fillas. Veciño da rúa San Roque, 42-2º (Monte Alto), na Coruña. Traballaba nun negocio familiar de fabricación de lixivia. Irmán de Bebel García García, executado, France García García, tamén executado e de Jaurés García García, paseado. Eran oito irmáns.
Secretario das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), ás que pertencía desde 1929. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal e afiliado ao Sindicato de Tranvías, vencellado á UXT.
Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1936 estivo na cadea ata febreiro de 1936.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos seus irmáns e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.
A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación. Francisco Pérez Carballo, gobernador, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, organizando o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.
O comité da Coruña formábao o gobernador Pérez Carballo con: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.
Participou na resistencia aos golpistas nas rúas da Coruña; apresado na rúa San Andrés, logrou escapar. Despois mantívose agochado dous meses na casa dunha señora socialista e, logo, en outros domicilios. O 24/09/0936, cando se atopaba a bordo do Constante Neira nº 5, outras seis persoas e Pepín fixéronse co barco e puxeron rumbo a Francia, chegando a Baiona o 26/09/1936.
Despois incorporouse ao exército republicano no 4º Batallón das Milicias Galegas, logo encadrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, e perdeu a perna esquerda na batalla de Brunete, onde tiña o grao de tenente.
José figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de sedición co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Coa derrota republicano volveu pasar a Francia e estivo nun campo de presos.
Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia Pepín, a súa dona, e o fillo o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939.
Neste barco fuxían uns 2200 españois, entre eles os malpicáns: Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño fuxiron Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota (A Coruña) e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría (A Coruña).
Máis tarde pasou a Paraguai e á Bos Aires (República Arxentina), onde vive de decembro de 1939 ata xuño de 1977, ano no que regresa á Coruña e onde finou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.