Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 56 anos. Casado con Esperanza García Iglesias. Veciños da rúa Campo de Marte, 22, na Coruña, barrio eminentemente socialista. No verán de 1936 residía en Cedeira (A Coruña). Oficial de oficinas do Ministerio da Mariña, retirado. Promotor na Coruña, nos anos vinte, das casas baratas do Campo Volante (Campo de Marte), como presidente da Sociedade Cooperativa de Casas Baratas.
Figura importante no socialismo coruñés, foi un dos fundadores da Agrupación Socialista (AS) na cidade, da que sería presidente. Compromisario polo PSOE para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz. Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Dirixente da Reunión Recreativa e Industrial de Artesanos no 1919. Secretario da Liga Española para la Defensa de los Derechos del Hombre y del Ciudadano na Coruña. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Dirixía con Francisco Mazariegos Martínez a UXT da Coruña, con menos militantes que a CNT. En 1934 presidía a sociedade La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento.
Executado.
A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación. Francisco Pérez Carballo, gobernador, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro e organizou o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.
O comité da Coruña formábao o gobernador e: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar aos obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.
Detido o día 20/07/1936, sen armas, no Goberno Civil; ese mesmo día pasou polo Cuartel de Infantería de Atocha e ingresou na Prisión Provincial da Coruña; mantivérono incomunicado. O día 01/08/1936 pasou á disposición do delegado de Orde Pública Florentino González Vallés.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Audiencia Provincial da Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.
Aos condenados a morte fusiláronos no Campo da Rata o día 31 de agosto de 1936 ás 06:00 h.
Manifestou diante do xuíz que o día 20 de xullo estaba no Goberno Civil para tramitar unha licenza de caza para o mestre José Pérez Brey, onde o sorprendeu o tiroteo que o obrigou a permanecer alí, que non tivera participación directa nos sucesos e que o prenderan tropas rebeldes de Infantería na rúa Riego de Agua, cando saía do pazo gobernamental, con outros e cos brazos en alto. Negou a súa participación no reparto de armas entre os obreiros.
Soterrárono o día 31 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Francisco Mazariegos Martínez e Francisco Prego Campos. Trasladado a un nicho en maio de 1941.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e condenárono a unha multa mancomunada de tres millóns de pesetas. Indultárono no ano 1955.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.