← Volver atrás

Nieto Rodríguez, Victorino

Alcume: Cuñeira
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Villaverde de la Abadía, Carracedelo
(León)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 20/11/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 25 anos. Compañeiro sentimental de Alpidia García Moral, Maruxa, coa que estivo no monte case que seis anos.

Militante anarcosindicalista da CNT.

Fuxido. Exiliado.

Combateu na fronte asturiana e cando cae esa fronte marchou, no ano 1937, para Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), con Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán, entre outros.

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

No IV Congreso do FG, realizado entre o 10 e o 12 de outubro de 1944, nomeárono, con Abelardo Macías Fernández, o Lebre, responsable dunha das catro guerrillas da I Agrupación. O seu grupo, de oito homes, actuou no triángulo Ponferrada-Lugo-Ourense.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 616/48 acusado de bandoleiro.

En 1948 negouse a ingresar no Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) por que o dominaban os comunistas. Tamén se negou nese ano a marchar a Francia e a finais dese ano actuaba na fronteira entre as provincias de Lugo e León con outro cenetista, Abelardo Macías Fernández; o socialista Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido, Oliveros Fernández Armada, Negrín, e Alpidia García Moral.

O día 17/03/1949 ao seu grupo sorprendérono en Villasinde, Vega de Valcarce (León). No enfrontamento coas forzas represoras morren a súa compañeira Alpidia García, Abelardo Macías e Hilario Álvarez. Victorino e Oliveros Fernández conseguen fuxir.

Máis tarde cruzou a fronteira francesa e de alí marchou a México.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.