← Volver atrás

Somoza Gutiérrez, Alfredo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 08/04/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Montevideo
(Uruguai)
- 29/10/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xerente dunha zapatería e político, 44 anos. Casou con Ánxela Roibal. Veciños da rúa Teresa Herrera, 16, na Coruña. Naceu na rúa Atocha, na Coruña. Curmán de Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao. O pai de Alfredo era capataz dunha fábrica de zapatos, ideoloxicamente mantiña posturas liberais e republicanas e destacou como un dos fundadores do Casino Republicano da Coruña. Alfredo estudou contabilidade e traballou, primeiro na Ferretería Moretón e, logo, de viaxante na fábrica de calzados onde traballaba o seu pai, da que chegou a ser xerente ata o seu peche no ano 1934, a fábrica era de Ángel Senra Fernández.

Participou na fundación das Xuventudes Galeguistas. Destacado membro das Irmandades da Fala da Coruña, liderándoa xunto con Ánxel Casal Gosende.

Amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, foi un dos fundadores de Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e da Federación Republicana Galega (FRG), dentro do sector máis galeguista.

Masón da loxa Suevia nº 4 da Coruña, de 1925 a 1933.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Concelleiro da Coruña nas municipais de abril de 1931 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Fixo un chamado público para que se redactase o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). O día 6 de maio de 1931 elixírono presidente da Deputación coruñesa. Logo de discrepancias con Santiago Casares Quiroga polo autonomismo, deixou o posto de presidente da Deputación o día 15/07/1932. Nas eleccións de 1936 sae elixido deputado nas Cortes polas listaxes da Fronte Popular (FP), representando a Esquerda Republicana (ER), onde se integrara a ORGA. Formou parte da comisión de deputados que presentou o Estatuto de Autonomía diante das Cortes. Volveu a Galicia uns días antes do golpe de Estado. Tamén era concelleiro da Coruña.

Tiña como compañeiros na Corporación da Coruña de 1936, entre outras persoas, a: Alfredo Suárez Ferrín (alcalde), executado; Eduardo González-Moro Cervigón, encarcerado; Juan Wonenburger Varela, procesado; Eduardo Blanco Lemus, procesado; Antonio Zapata Fernández, procesado; Ramón Lago Portela, procesado; Martín Ferreiro Álvarez, morre no campo de concentración nazi de Gusen (Austria).

Fuxido. Exiliado.

Participou na defensa do Goberno Civil da Coruña. Desde a deposición dos xenerais leais ao Goberno constitucional o día 20 de xullo, Somoza permanece agochado nas casas dos amigos durante 11 anos, ata que foxe en 1947.

O día 24/10/1947 e coa axuda destes amigos, fuxiu nun barco británico que ía a Brest; logo pasou a París e, despois das xestións do seu curmán Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, trasladouse no ano 1948 a Montevideo (Uruguai), onde chega a bordo do Los Andes. A súa marcha ao exilio provocou as represalias sobre amigos e familiares.

En Uruguai formou parte do Consello de Galiza.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.