← Volver atrás

Vega Barrera, Rafael de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado. Sancionado

Nacemento:

Zazuar
(Burgos)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
(Lugo)
- 21/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico cirurxián e político, 47 anos. Casado con María-Teresa Fernández-Crespo Riego; tiveron tres fillos e dúas fillas: Rafael, Luis, Santos, María-Teresa e María-Luz. Estudou a carreira de Medicina en Valladolid e licenciouse no ano 1913. Durante a súa estadía en Madrid aprobou unhas competidas oposicións para dirixir o Hospital de Santo Domingo, en Lugo.

Vencellado á loxa masónica Lucus.

Chegou ao vello hospital en 1916. Traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen lles cobrar. Director do novo Hospital Municipal de Santa María, de Lugo, que se inaugurou en 1930. Durante eses 15 anos de agarda polo novo hospital, tivo unha clínica privada e o seu propio sanatorio.

Presidente da Organización Republicana Lucense no ano 1930.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Na cidade de Lugo proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello. Nas eleccións de 1931 ás Cortes Constituíntes obtivo acta de deputado de Lugo polo Partido Republicano Radical (PRR), do que era o presidente. Presidente de Unión Republicana (UR) no ano 1936. Compromisario por Lugo para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Co enfermeiro Manuel Jul Rodríguez e co alcalde de Lugo, Ángel López Pérez, puxeron en marcha o plan do novo Hospital Municipal de Santa María, onde tamén se atendería a persoas sen recursos.

Encarcerado. Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar organizou a resistencia contra os rebeldes en Lugo con José-María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López.

Os franquistas ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 24/07/1936.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Lugo os días 13 e 14/10/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 330/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa mancomunada de 1.500.000 pesetas segundo resolución do 17/10/1936.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Perfecto Abelairas Castro, Antonio Castedo Rubinos, Ramón García Núñez, Francisco Lamas López, Ángel Pérez López, José Ramos López e Rafael de Vega Barrera. Francisco Lamas e Antonio Castedo libráronse de ser fusilados.

Sufriu un simulacro de xuízo e fusilárono na tapia do cemiterio de Lugo con Perfecto Abelairas Castro, ás 18:00 h do día 21 de outubro.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1952.

Despois da súa execución e o embargo de todos os bens, a súa muller e os seus fillos marcharon vivir a León.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.