← Volver atrás

Bellas Cao, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Muras
(Lugo)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 17/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro e sindicalista, 44 anos. Casado; tiñan dous fillos. Veciños de Santa Eulalia de Merille, Ourol (Lugo).

Membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro. Dirixente da CNT.

Detido por mor dos acontecementos da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusado, con outros, de atentado con explosivos e condenado en marzo de 1935 a seis meses e un día de prisión.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado dos militares organizou con Manuel Rodríguez Lago, o Roxo, a requisa de armas e camións para a defensa da República.

Prendérono os sediciosos, ingresárono no depósito de Viveiro o día 14/04/1937 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 16/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 801/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Láncara, Muras, Ourol e Viveiro, todos na provincia de Lugo.

A correspondente sentenza ditou pena de morte para: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), José Felpeto Gómez (conmutada pola de cadea perpetua) e Antonio Lafuente Jiménez. A cadea perpetua castigaron a: Antonio Baamonde Carreiras, Luis-Enrique Baamonde Peón, Antonio-María Carreiras Pita, Jesús Fernández Fernández, Jesús Guzmán Carreiras, José-María Pérez Rego, José Prado Palo e Francisco Vidal Baamonde. Cadea de 12 anos e un día para Francisco Cora García e para Alejandro Temblás Paz. Tamén condenaron a prisión a Modesto Riguera Díaz. O auto declarou fuxido a José Temblás Paz.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso a sentenza condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar na causa 851/36. Proceso contra varios veciños de Viveiro.

Decretouse á pena de morte para Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas); pena de cadea perpetua para Manuel Cociña Seijo e prisión temporal para Amando Guerreiro Rivera. O auto declarou fuxido a Andrés Vale Blanco.

Xulgado en consello de guerra en Lugo, na causa 903/36.

Neste proceso ditáronse as seguintes sentenzas: penas de morte para Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a: Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a: Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos na causa a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar na causa 976/36. Os procesados eran veciños de Viveiro.

No dito xuízo condenaron á pena de morte a Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas) e castigaron a cadea perpetua a Antonio Cao Castiñeiras, Teolindo Pardo Teijeiro e Sergio-Ramón San Isidro Lousas.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 984/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Os enxuizados eran veciños de Viveiro.

Neste proceso condenaron á pena de morte a Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Manuel Guerreiro Rivera e Ángel Varela Freijeiro; castigos de cadea perpetua para: Ramón Guerreiro González e Modesto Rivera Quintana e ditouse auto de sobresemento provisorio para Vicente-Secundino Ferro Sánchez. A sentenza declarou fuxidos a José López Sánchez, Manuel Pérez Bermúdez e Claudio Quelle Cociña.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión e rebelión militar na causa 1020/36.

Condenaron á pena de morte (xulgado en varias causas) a Jesús Bellas Cao. Penas de cadea perpetua para: Agustín Casabella Frade, Leopoldo Fernández Ladra, Julián Gómez Salgueiro, Antonio Hermida Alonso, Manuel Lage Vieiro, Alberto Lamelas Fernández, José López Sánchez, Andrés Martínez Pérez e Francisco Prieto Amor. Castigos de 15 anos a: Rafael Casabella Frade, Andrés Cociña Sánchez, Salustiano Fernández Salgueiro, José Fernández Yáñez, Benedicto García Sánchez e Ramón Vilar Fernández. 12 anos e un día de cadea para: Hipólito Barja Barja e Francisco López Álvarez. Sentenzas de absolución a: José Álvarez Vizoso, Manuel González da Rocha, Enrique López Garrido, José Posada Abad, Gumersindo Rego Cajete, Bautista Sánchez García, Antonio Suárez Eijo e Antonio Vieira Canoura. A sentenza declarou fuxidos e en rebeldía a: Francisco Gómez Núñez e Cándido Soto Gómez.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 666/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 02/06/1937.

Fusilado en Lugo.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono en 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.