Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 17 anos. Veciño de San Cibrao, Santa María de Lieiro, Cervo (Lugo).
Militante da UXT, da que foi un dos fundadores en Cervo.
Fuxido. Exiliado.
Repartiu propaganda do PCE e encargouse de descargar armas nalgúns portos para a resistencia antifranquista, sendo enlace entre os Neira e os do Eume. Refuxiado en Vigo (Pontevedra) con nome falso. Botouse ao monte e capturárono; interno no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña).
En 1944 procesárono na causa 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo (Principado de Asturias) por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Severino González Guitián, 33 anos, carabineiro; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino, 30 anos, do PCE, e Antonio Paleo Saavedra e, 17 anos, mariñeiro.
Estivo refuxiado en Vigo (Pontevedra) cun nome falso. Botouse ao monte, prendérono e encarcerárono no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña).
Enlace do Grupo Neira e outros grupos do Eume.
Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
Contrario ao control comunista da guerrilla antifranquista.
Cando os aliados deciden non atacar ao Goberno de Franco en 1945 os guerrilleiros entraron nunha etapa de "desalento e frustración"; "As xentes, sen perspectivas inmediatas xa non nos apoiaban como antes. Nesas condicións a loita armada volveuse contraproducente".
Era un dos máis remisos ao control comunista e por isto, Paleo sería o animador, o organizador e un dos fuxidos na evasión do Santa Teresa, ás tres da mañá da noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Franco e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla.
Nunha reunión en San Xiao de Castelo, Cervo (Lugo) naceu o plan de evacuación. Xa houbera tentativas anteriores, pero sempre se manifestara en contra a dirección do partido en Lugo.
Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).
Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.
A desculpa era pedir permiso na Axudantía de Viveiro para levar o Santa Teresa a reparar a Zumaia. Mercaron o barco por 60.000 pesetas e gardaron 50.000 pesetas por se había mortos ou feridos, co fin de axudar a viúvas e orfos; os cartos pedíronse a persoas adiñeiradas das dereitas.
Paleo xa viña no barco con Laureano Pérez Rubiños, Victoriano Mosquera e José Soto, Pepe dos Osos. O resto embarcaron no Vicedo (Lugo), preto do actual criadeiro de mariscos (moitas informacións falan da praia de Abrela, Santa María de Suegos, pero non é certo segundo Eusebio González Pedreira).
Antes de chegar a Francia o barco sufriu unha avaría e tivo que entrar no porto de Xixón (Principado de Asturias) as 11 da noite do día 15 de decembro. Paleo, que fixera alí o servizo militar, contactou co seu amigo Xesús o Vasco, que buscou un especialista para amañar os danos. Saíron do porto do Musel, Xixón (Principado de Asturias) 36 horas despois de entrar, tempo no que os fuxidos estiveron agochados na adega do barco.
En Francia Antonio militou do PCF (Partido Comunista Francés).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.