Nacemento:
Morte:
Tiña 23 anos. Irmán de Antonio Piñeiro Antón, represaliado, e de Juan Piñeiro Antón, fuxido.
Fuxido. Exiliado.
Despois do triunfo da sublevación militar, castigárono co seu irmán Antonio Piñeiro Antón e outros veciños, entre eles Juan-María Arnoso Arnoso, a construír o camiño de Xavariz a Lavandeira; dous quilómetros e medio que os ocuparon por seis meses.
Despois ocultouse no monte desde o ano 1936; pertenceu ao grupo de escapados de Soaserra, onde tamén se atopaba o seu curmán Álvaro Puentes Antón, o Coxo do Menor, asasinado en 1940, e Amador Barcia Fernández, Xicos, que era o seu cuñado. O resto da familia sufriu represalias; ao seu pai, José-Antonio Piñeiro, deportárono os fascistas a León con outros veciños.
Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
O seu grupo foi dos máis activos antes de 1939. Logo ingresou no grupo que lideraban José Vázquez Mauriz, Patitas; Ramiro Martínez López, Zapateiro, e os irmáns Manuel Eive Vilar e Evaristo Eive Vilar. Actuaban na comarca do Eume. Fixo funcións de enlace cos grupos da Coruña e de Lugo e de “xefatura por respecto”.
Na compañía de Jesús López Ardao, Someiro, mataron a tiros, en Campolongo, San Martiño de Andrade, Pontedeume (A Coruña), en novembro de 1944, ao xefe de Falanxe en Santa María de Ombre, Pontedeume, José Rivera Rodríguez, o Lugués, quen fora un dos que interviñeran na detención de Luis Nodar Castro, concelleiro do PSOE en Pontedeume e executado en xullo de 1937 no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña).
O tamén xefe de Falanxe de Ombre, José Calvo Fonte, José de Benito, colaborou no paseo de Antonio Manso Fernández, o Carpinteiro dos pobres, ao que arrestaran en xaneiro de 1937 e executaron no cemiterio de Ombre. En vinganza por este asasinato, segundo as testemuñas, a guerrilla executou a José Calvo a tiros no ano 1945; o atentado cometérono Manolo do Menor, e Ramón Fraga Couceiro, Parará.
Nunha ocasión avisou ao cura de Soaserra, Francisco, de que os guerrilleiros ían a por el; cando os guerrilleiros non atoparon ao cura na igrexa, disparáronlle aos santos. En "agradecemento" o cura denunciouno, igual que denunciou a outros, sendo o responsable da morte dalgún deles.
Fuxido ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).
Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.
Non informaron aos xefes do Comité Rexional do PCE da preparación da fuxida.
Estivo no exilio en Francia e en Venezuela. Casou con Josefa Eive Vilar.
Manuel volveu a España nos anos oitenta, déronlle unha malleira porque exixira cartos para os preparativos da fuxida cando era guerrilleiro; marchou para Venezuela e xa non volveu máis.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.