Nacemento:
Morte:
Tiña 44 anos. Casado con Ramona López Guerreiro, encarcerada; tiveron unha filla e un fillo: Beatriz e Conrado. Veciños da rúa Estrada de Castela, 197, 1º, en Ferrol (A Coruña). Traballou como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol.
Comunista cubano, expulsado de Cuba pola ditadura de Gerardo Machado Morales.
Encarcerado. Depurado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Ao comezo do alzamento arrestárono e pasou algún tempo no cárcere no ano 1936.
Expulsado do seu traballo no Arsenal veuse na necesidade de traballar como mosaicista.
Integrouse no Comité Local ferrolán de Unión Nacional Española (UNE).
A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez e Vicente Peña Terrassa formaron o Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén estaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Paz Fornos.
En 1946 era membro do Comité Provincial coruñés do PCE. Exerceu de secretario de organización en Ferrol, pero veuse forzado a fuxir ao monte ao descubrir a policía franquista a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey.
Ao incorporarse á guerrilla enviárono a Ourense en agosto de 1946, como comisario político e delegado do PCE, para crear a II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e reorganizar a loita contra o Réxime. Ía acompañado por Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, como xefe militar e José-María Saavedra Díaz, Pepe; contactaron con Raúl Castro Cao, o Arxentino, que era do Comité Provincial do PCE en Ourense.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.
No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.
Tamén o procesaron en Ferrol polo delito de auxilio a autores de roubo a man armada, na causa 270/47, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. A mesma sentenza se ditou na causa 476/47 polo delito de atraco a man armada.
Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.
Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio que formaban Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.
Permaneceu en Ourense desenvolvendo o cargo de comisario político da II Agrupación. Era moi activo e de moita capacidade técnica (era quen de transformar pistolas normais en metralladoras).
Nun informe policial do 30/01/1947 figura como “elemento destacado en el partido comunista clandestino en esta Región” e na casa da súa dona, no nº 331 da Estrada de Castela, en Ferrol, os guerrilleiros tiñan un dos seus refuxios.
O día 28/04/1949 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Chandrexa de Queixa, cando lle estoupou unha bomba que tentaba tirarlle aos represores.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Martiño de Celeiros, en Chandrexa de Queixa.
Despois das mortes rexistradas na casa de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo) e da súa morte, pode dicirse que a II Agrupación do EGG quedaba aniquilada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.