← Volver atrás

González Pedreira, Eusebio

Alcume: Juan, Juanito Amá
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Umeiros, San Pedro de Mosende, O Vicedo
(Lugo)
- 10/05/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 20 anos. Veciño do Vicedo.

Militante da CNT de Viveiro (Lugo).

Fuxido. Exiliado.

Despois do golpe dos rebeldes o mércores 22 de xullo comezaron os disturbios en Viveiro cando chegou un camión da Garda Civil e comezaron a tirotear a casa dos sindicatos. A resistencia deveu escasa pola falta de armas. Eusebio foi un dos resistentes.

Operou na guerrilla no norte de Lugo e da Coruña durante a guerra e nos anos corenta. A idea de botarse ao monte xurdiu a primeiros de marzo de 1937, cando os golpistas chamaron á súa quinta de Mosende a filas; seis mozos fuxiron, entre eles Eusebio. Estivo nove anos fuxido no monte.

Xulgado en consello de guerra polos delitos de deserción, rebelión militar e ataque a man armada co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Os Neira eran de Ortigueira (A Coruña) e actuaban na zona que se estendía de Cabanas a Ortegal. O grupo de Eusebio centrouse na zona de Viveiro e Ourol, en Lugo. Este grupo era un dos máis organizados e serviu de base, en 1944, para que se creara a IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG). Tiñan contactos en Moeche e Ferrol, que lles permitía atopar acubillo en casas por longo tempo, sobre todo cando resultaban feridos; tamén tiñan contacto co grupo de Jesús-María Iglesias Escourido, o Tizón, e co de Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.

No ano 1942 afiliouse ao PCE.

Logo pasou ao Grupo de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, que pretendía que a guerrilla foxe máis contundente, sen caer na conta que nos enfrontamentos había mortos e feridos que morrían en dous ou tres días por non poder atendelos.

Despois da vitoria aliada na Segunda Guerra Mundial, nin americanos nin ingleses quixeron botar a Franco. Os guerrilleiros quedaban sen esperanzas de democratizar o país. "Non estábamos dispostos a vivir coma raposos eternamente". Decidiron fuxir.

Fuxido ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946.

Entre os fuxidos estaban: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.

Xuntaron diñeiro, que lles exixiron aos adiñeirados das dereitas, para comprar o barco e deixaron 50.000 pesetas "por se había mortos, feridos ou combates no intento de fuxida, coa fin de axudar ás viúvas ou orfos".

Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron preto dos actuais criadeiros de marisco do porto do Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladáronos ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia). José Temblás Paz, Temblás, e Leonardo Gómez Pérez, Trancas, líderes do PCE no norte de Lugo, decidiron a última hora non fuxir. Eusebio entregoulle o seu fusil, aquela noite, a Temblás.

Eugenio fuxía deixando á súa dona, que logo se reuniría con el en Francia o día 18/10/1947, atravesando toda a península. Fora con outras mulleres de fuxidos en coche de liña ata Lugo, logo en tren ata Santurce e despois nunha lancha rápida dos clandestinos vascos, que as pasaron a San Juan de Luz.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.