Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 17 anos. Veciño da Coruña. Pertencía a unha familia acomodada da Coruña vencellada aos barrios de Elviña e San Roque. Irmán de Raúl Pedreira de la Iglesia (1926-2017).
Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL). Sábese do seu alto potencial político por citas indirectas.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
En 1944 uniuse á guerrilla e integrouse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.
Formou parte do Grupo volante A Mariña, destacamento volante da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Francisco Rey Balbís, Moncho.
Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, Martín, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.
Nesta época foi delegado do Comité Rexional de Galicia da CNT nas agrupacións de guerrilleiros e tentou crear unha guerrilla especificamente confederal.
O 18/04/1946 participou na execución de Manuel Doval Lemat xunto con Marcelino Rodríguez Fernández que dirixía a acción, Manuel-Luis Bello Parga, Francisco Rey Balbís, Manuel Díaz Pan, Antonio Seoane Sánchez.
Por orde de Marrofer formou parte, o día 19/05/1946, do comando que pretendía un atentado contra as instalacións de Radio Nacional de España (RNE) na Coruña, sabotaxe que remataron por suspender e no que tamén participaban José Dasilva Bartomeu e Manuel-Luis Bello Parga. Xa de retirada, este comando envolveuse nun enfrontamento coa Garda Civil nas rúas coruñesas, que lle custou a vida como vítima colateral ao falanxista Arcadio Vilela Gárate
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de asasinato, na causa 271/46.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.
No ano 1947 responsabilizouse dun grupo da III Agrupación do EGG na zona de Viveiro (Lugo).
Formou parte do Destacamento Segundo Vilaboy. Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Gregorio Doñate Martínez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
A finais de xuño de 1949 agochábase, cos restos do Destacamento Segundo Vilaboy, nunha cabana entre matogueiras no Forcón. Este lugar arrodeouno a Garda Civil.
A Celia González Pernas, Celia da Ferraría, abatérona no enfrontamento do Forcón do día 21/06/1949, nos primeiros momentos da loita. Alertados polos tiros, Juan Gallego Abeledo, xefe do destacamento, e Juan Pérez Dopico saíron da cabana e pronto ficaron mortos. Quedaban dentro do refuxio José Pedreira de la Iglesia (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, quen contestaron ao ataque e os represores incendiaron a cabana con bombas de man, finando entre as lapas os últimos do destacamento.
Certos autores poñen en dúbida que o guerrilleiro calcinado fora Queimarán.
A cova na que se agochaban delatáranlla á Garda Civil; todos eles eran do grupo de José Temblás Paz, Temblás, mozo de Celia e que aquel día non se atopaba na zona.
Por mor destes pasamentos abriuse no Tribunal Militar Territorial de Lugo a causa 221/49, que rematou co resultado de sentenza de sobresemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.