← Volver atrás

Dasilva Bartomeu, José

Alcume: Moreno, Manolete
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Axustizado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Santo Estevo de Trasmonte, Oroso
(A Coruña)
- 14/11/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Axustizado.

Integrouse na guerrilla en maio de 1946, da man de Manuel-Luis Bello Parga, con Claudio Díaz Milia, Manolete; Claudio e Dasilva eran infiltrados das forzas represoras.

Nun principio pertenceu ao Grupo volante A Mariña, que dirixía Francisco Rey Balbís, Moncho, e que se integraba na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), agrupación que mandaba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Posteriormente integrouse no Destacamento Manuel Botana, baixo a dirección de Manuel Ponte Pedreira, Xastre.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Juan Couto Sanjurjo, Simeón; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.

Por orde de Marrofer formou parte, o día 19/05/1946, do comando que pretendía un atentado contra as instalacións de Radio Nacional de España (RNE) na Coruña, sabotaxe que remataron por suspender e no que tamén participaban José Pedreira de la Iglesia e Manuel-Luis Bello Parga. Xa de retirada, este comando envolveuse nun enfrontamento coa Garda Civil nas rúas coruñesas, que lle custou a vida como vítima colateral ao falanxista Arcadio Vilela Gárate

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de asasinato na causa 271/46.

Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.

O día 26 de xuño de 1946 a Avelino Rivas e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga (A Coruña), xunto con outros oito guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación do EGG. José Dasilva; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco por estar nunha casa distinta. Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López, Tenente Freixo, Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don, Daniel, morreron tiroteados pola Garda Civil.

A guerrilla sospeitou e concluíu, despois de analizar as causas, que Dasilva informara á Garda Civil da presenza da partida no domicilio de Francisca Lata Espiño. Dasilva avisou polo medio dun parente da súa dona, Ángel Pato Fidalgo; este último cargou coa culpa e rematárono, en vinganza, en agosto de 1947.

Participou o día 08/11/1946 no asalto ao cuartel da Garda Civil en Vimianzo (A Coruña). Neste ataque participaron: Manuel Ponte Pedreira, Manolo Ponte; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; José Dasilva Bartomeu; Manuel Pena Camino, Flores; Jesús-Domingo Pazos Mesías e Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio. Pazos Mesías tivo un enfrontamento no bar Casa Mira (despois O Castillo) e morreu, igual que o número da Garda Civil Manuel Rodríguez Paz.

Segundo manifestacións de Benigno Andrade García, Foucellas, a Daponte eliminárono en Oroso, por orde de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, en data non determinada. Semella que o fusilaron en Trasmonte o día 14/11/1946; executado polo Destacamento Santiago Álvarez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.